Contestación de Luis Sabariz sobre as afirmacións de Álvarez Angueira no caso do gasoil

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Ante as declaracións do ex alcalde de Pontecesures, Álvarez Angueira, que aparecen hoxe en «La Voz de Galicia» quero contestar o seguinte:

1.O ex alcalde coa súa habitual covardía, deféndese tratando de salpicar aos demáis no caso do imposible consumo do gasoil do Patrol de obras. Coñece perfectamente o antigo mandatario que non era a miña función comprobar facturas de gastos correntes do concello (gasoil, arranxos dos vehículos municipais nos talleres, subministros de materiais de limpeza, enerxía eléctrica, materiais para as obras, etc…) cando formaba parte do seu goberno. Nin se me pasou pola cabeza dubidar das súas decisións ou da documentación destes gastos.

2.Quere tensmitir Álvarez Angueira que a investigación do gasoil é unha revancha miña cando desei de formar parte do seu goberno en 2006. Pois non, o membro que se decatou dos consumos foi o antigo concelleiro do PP, Ángel M. Souto Cordo, repasando as resolucións da alcaldía que ían aprobando as facturas.

3.O ex alcalde primeiro dixo nos plenos que o Patrol era utilizado a miúdo polo Club Náutico e agora, como a quilometraxe tira por terra a súa premeira versión (o vehículo nin era utilizado polos deportistas nin tampouco coas obras, pois o contaquilómetros demostrou que apenas percorría distanzas), nos di que moito gasoil se levaba en garrafas.

4.O que ten que explicar o ex alcalde, por exemplo, é.

-¿Como é posibel que entre o 04/05/04 e o 29/06/04 se retiraran no Patrol 569,23 litros de gasoil en garrafas para un Dumper que non funcionaba e para un tractor agrícola dun empregado que o facía moi esporádicamente?. Ou que se retiraran en garrafas entre o 05/02/06 e o 09/03/06, 354,71 litros. Estas cantidades están computadas ao quedar claro o consumo real do Patrol logo das denuncias, e tendo en conta o contaquilómetros, claro.

-¿Cales son as razóns para que despois da denuncia a imputación ao Patrol baixara de 8 o 9 repostaxes no mes a 1 ou 2, e os servizos de obras funcionaran sen problema, pese a non se recoller as famosas garrafas na gasolinera?.

-¿Por que se imputan ao Patrol na maña do sabado 7 de xaneiro de 2006 (día non laborable para os traballadores do concello), nada menos que 115,35 litros de gasoil en dúas repostaxes (a primeira de 52,23 litros ás 10:03 horas, e a segunda de 63,12 litros, ás 14:16 horas).

5.Ata o momento as explicación dadas son completamente disparatadas. Fala Álvarez Angueira de que había un sistema de retirada de garrafas de gasoil que coñecíamos outras persoas. O sexa que cando se retiraba gasolina os tickets sí poñian «garrafas» e cando era gasoil se poñía a matrícula do Patrol. Incribel. Os que terán que explicar dito sistema son Álvarez Angueira e o encargado de obras, Xurxo Gerpe Jamardo. Que se deixen de desviar as responsabilidades. Os veciños queremos saber o destino de semellantes cantidades de gasoil e as sombras continuan en todo este asunto.

Pontecesures, 27/09/09

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro non adscrito de Pontecesures


3 comentarios

vdevendeta · 29-09-2009 a las 13:30

Aclarar al valiente tránsfuga que los Concejales de Obras, el impresentable tránsfuga Sabaríz Rolán y la María Isabel Castro , ésta última con dedicación exclusiva, gestionaban directamente y controlaban como es lógico los servicios de obras y sus actividades, y por lo tanto conocían perfectamente los mismos.
El tránsfuga Sabaríz se incorporó al gobierno municipal como Concejal de Obras y primer teniente alcalde en el año 1999, ejerciendo dichos cargos de forma ininterrumpida hasta finales del año 2004, aunque continuó como Concejal hasta que fue cesado y expulsado del gobierno municipal por el Sr. Angueira por deslealtad (cuestiones que nada tienen que ver con el gasóleo). Por cierto que este tránsfuga Sabaríz fue expulsado al año siguiente del PSOE por el mismo motivo.
Por eso, falta a la verdad Vía 13, pues lo cierto es que el Sr. Tránsfuga fue felicitado efusivamente hace escasos días por el Sr. Pose (al que había dejado con la retaguardia al aire) y PSOE en pleno, rogándole de rodillas que se vuelva a presentar a las elecciones.
A finales del año 2004 la actual alcaldesa (y socia del tránsfuga Sabaríz y el tesorero Randulfe), Maria Isabel Castro asumió los cargos de Concejal de Obras y primer teniente alcalde, con dedicación exclusiva, hasta el final de la legislatura.
Curiosamente, poco después de la expulsión del tránsfuga Sabaríz el 13-02-06 y con el gobierno municipal en minoría, es cuando precisamente se solicitan explicaciones sobre el gasto de gasóleo, respuestas que conocen perfectamente tanto los concejales de obras, como el tesorero e interventora por el propio ejercicio de sus cargos. Es lógico suponer que todas estas personas No participan en la actividad municipal de ??oyentes?.
En resumen, a quien quieres tomarle el pelo?, ¡Tránsfuga!.
Le pregunté a mi sobrina que tiene 5 años y no se cree que no sepas nada, ni tú ni tus colegas de aventuras de lo que pasó en 7 años de gobierno de Angueira. Se lo va a creer el Juez, o el Fiscal?
Si al final tan listo eres que como esto siga adelante, igual consigues acreditar alguna irregularidad tuya y de tus socios, no de Angueira, y en vez de pringarse Angueira igual te vas a pringar tú y vas a pringar a tus socios de gobierno (y a la interventora), porque te recuerdo que tú denuncias, pero el Fiscal puede denunciarte a ti y a tus socios.
Y si lo archivan? La vida da muchas vueltas, y el que hoy se querella mañana resulta que puede ser querellado, y el que denuncia puede que mañana sea denunciado. Ya tienes experiencia en esto cuando te denunció el Sr. de la gasolinera, que volviste caliente para casa y con la oreja baja.
Cuál era tu función en el gobierno municipal y primer teniente alcalde? Estabas de oyente? ¿o como concejal de obras y servicios revisabas los rascacielos de 200 pisos del Ayuntamiento de Pontecesures?
No contestes con tus paranoias que nadie quiere desprestigiarte, pues como es lógico el término tránsfuga equivale al de sinvergüenza y traidor, que es lo más bajo en que puede caer una persona , por lo que nadie tiene que desprestigiarte, que ya lo haces muy bien tú solo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-09-2009 a las 17:10

O máis triste deste comentario e que mi dis que non conteste, «vdevendeta». Pois mira, case todo o que nos contas está contestado nesta entrada (datos, litros de gasoil en garrafas, deduccións matemáticas, tikets, horas das repostaxes, sinaturas do responsable dos subministros, etc…). Tamén é triste que no teu comentario utilices a palabra «pringue» como fixo o sr. Álvarez Angueira onte no pleno, e fagas os mesmos plantexamentos (de revancha e de que eu o sabía) que citou él na nota de prensa do domingo. Obviamente, estas coincidencias exactas (sobre todo a do «pringue») delátante con claridade.
Mira, onte no pleno fixen o rogo de que constase o meu apoio incondicional á secretaria-interventora de Pontecesures que non merece o comentario do ex alcalde de que como non dicía nada das facturas, iso significaba que daba por bos os tickets e que xa coñecía este sistema de retirada en garrafas. O que mellor sabe que nin a interventora, nin o tesoureiro, nin a actual alcaldesa, nin eu coñecíamos ese «sistema», é o antigo mandatario. O que o coñecía era él é o empregado que asinou os tikets en cuestión. Lín as bases de execución do orzamento onde se responsabiliza con claridade da recepción do gasoil, e do seu destino, ao que asina os tikets de habelo recibido.
Como conclusión «vdevendeta», quero dicirche que cos datos que se teñen, os non adscritos somos da opinión de que é completamente imposible que en 2003, 2004, 2005 e primeiro trimestre de 2006 se botaran no depósito do Patrol, ou se retiraran en garrafas poñendo o matrícula deste vehículo de obras, semellantes cantidades de gasoil. Ninguén pode crer esa versión. E neste medio danse, a través das distintas entradas, todo luxo de detalles.

Tiroliro II · 1-10-2009 a las 16:47

vaia perorata deste devendeta defensor de angueira, nin que fora da familila, bota sapos, pero e que sabariz aplasta a angueira con números e litros de gasoil e garrafas, e mensajes no móvil, e papadas que fixo, e enchufes. de todo
angueira nervioso, porque no bloque toman nota e nas próximas din que non o meten nin de coña, nomearon a checha tarela para controlar e tamén din que conta ca confianza dos comités superiores, hai trifulca nos do bloque local e cada un anda como lle pete,baliñas tolea co wifi, arturo cas chiquitas, a checha cos mortos de Franco da iglesia, angueira co gasoil, e a de julián con nada porque non aparece.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.