Berta Rey Cespón, contratada coma arquitecta técnica.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

ACTA DE VALORACION DOS ASPIRANTES O POSTO DE ARQUITECTO TECNICO DO CONCELLO DE PONTECESURES

En Pontecesures, sendo as 10 h. do día 29 de setembro de 2009, constitúese o órgano de selección para cubrir o posto de arquitecto técnico do Concello de Pontecesures subvencionado por 5 meses polos programas de Cooperación 2009, formado pola Secretaria do Concello Dna. Trinidad Rodríguez Suárez que actuará de Presidenta, a arquitecta municipal do Concello de Pontecesures, Dna. Mónica Arias Carriba que actuará como vogal; e D. José Rodríguez Fructuoso, Técnico de Emprego, que actuará como vogal e secretario.
.
Este tribunal acorda o seguinte:

Iº).- Logo de efectuado o chamamento, comprobouse que estaban presentes todos os candidatos citados pola Oficina de emprego de Vilagarcía de Arousa, e que son: José Luís Aguete Landín; Javier Domínguez Lustres; Berta Rey Cespón; Francisco Rivas Vidal e Cecilia Rubianes Espiñeira.

IIº) Renunciou ó proceso selectivo José Luís Aguete Landín.

IIIº).- Otorgouse a puntuación a cada aspirante, segundo os baremos elaborados previamente ca finalidade de ter criterios obxectivos e comúns, establecendo unha lista que figura como anexo desta acta. Asimesmo a entrevista consisteu en 3 preguntas similares a cada aspirante sobre lexislación urbanística.

IVº).- Logo das sumas das puntuacións do baremo, da valoración do curriculum e da entrevista, acordouse propoñer como o candidato seleccionado a Dna. Berta Rey Cespón, para a súa contratación dende o vindeiro 01/10/2009 ata o 28/02/2010.

De todo o cal esténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.

ANEXO

RELACI?N PROVISIONAL DAS PUNTUACI?NS DOS/AS ASPIRANTES ? POSTO DE ARQUITECTO TECNICO DO CONCELLO DE PONTECESURES.

BAREMO VALORACION C.V. ENTREVISTA TOTAL

1. JAVIER DOMÍNGUEZ LUSTRES….. ? 0,75 0,10 1,00 1,85
2. BERTA REY CESP?N……………………… 1,50 3,70 1,00 6,20
3. FRANCISCO RIVAS VIDAL ??…….. 0,50 0,00 1,00 1,50
4. CECILIA RUBIANES ESPI?EIRA………. 2,00 3,70 0,00 5,70


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.