«A venta a carón da estrada N-550 non beneficia para nada ao pemento nin ao pobo padronés».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O selo de calidade acabará cun fraude de millóns de euros, xa que diferenciará claramente aos pementos de Herbón do resto da competencia, xa sexan doutras zonas de Galicia, España ou Marruecos, vendidos éstos como se fosen de Padrón co conseguinte engano e aproveitamento económico.
-Pero, ¿rematará coa práctica dalgúns produtores de vender ao pé da estrada n-550?
-Esperemos que sí. Na última reunión do Consello Regulador falouse deste tema para buscarlle unha solución xa que é unha imaxe que en nada beneficia ao pemento nin ao pobo. Para iso acordamos solicitar unha entrevista coas autoridades para ver qué medidas se poden adoptar sen perxudicar a ninguén.
-¿Haberá un antes e un despois da concesión da máxima etiqueta de calidade?
-Si, para o produtor supón obter un recoñecemento ao seu traballo, dálle prestixio a unha profesión. E o consumidor ten a garantía de que come o auténtico pemento de Herbón.

LA VOZ DE GALICIA, 11/10/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.