Entrevista con Xosé Ramón Torreira García, xefe da oficina agraria de Padrón.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Torreira

Presidente do consello regulador da denominación de orixe protexida pemento de herbón
«A marca de calidade é a guinda que lle faltaba ao pemento de Herbón»
O xefe da oficina agraria de Padrón non se adica ao cultivo na terra pero si nos despachos onde, dende a súa nova responsabilidade, é o gran apoio dos produtores

A proposta dos cultivadores, o responsable da oficina comarcal de extensión agraria de Padrón, Xosé Ramón Torreira García (Santa Comba, 1947) foi designado para presidir o recen creado Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Pemento de Herbón, a etiqueta da máxima calidade que otorga a Unión Europea e que, esta vez si, vai ser unha realidade axiña tras anos de espera.
-¿Por que se retrasou tanto a tramitación se as primeiras xestións arrancan no ano 1985?
-Eses primeiros pasos non foron máis ca unha declaración de interese e non houbo continuidade na demanda. A Administración non da pasos se os interesados non demostran as gañas de que chegar a bo porto, como sucedeu nestes últimos anos.
-¿Non chega tarde para algúns produtores que non teñen relevo xeneracional?
-Dende ese punto de vista si, pero hai moitos outros que teñen relevo e están nunha idade xoven para cultivar o pemento durante moitos anos
-¿A marca de calidade pode ser un revulsivo para o cultivo?
-Si, pero non dunha forma moi esaxerada. Para dedicarse a agricultura hai que ter, en primeiro lugar, vocación. O que ten de moi importante é que recoñece cun selo de calidade un produto famoso no mundo enteiro e venlle a poñer a guinda que lle faltaba. A denominación suporá que o produto sexa diferenciado no mercado doutros da mesma variedade e aporta información clara que permitirá ao consumidor ter a seguridade de que é o auténtico pemento de Herbón.
-Entón, ¿faille xustiza a un produto eternamente imitado pola competencia?
-Si, sobre todo dende o punto de vista do consumidor, que vai saber exactamente que come pemento de Herbón.
-¿A Denominación contribuirá a frear o abandono do cultivo por falta de relevo?
-Pode ter certa incidencia, pero non é a panacea. Aínda que non supoña un incremento do prezo de venda, a Denominación de Orixe conleva unha maior aceptación do produto no mercado. Indirectamente, axudará a manter os prezos, aínda que non máis altos, si máis estables ao final da colleita. A calidade hai que pagala.
-¿E poñerá en valor terras abandonadas, tendo en conta que abarca cinco concellos?
-Sería unha posibilidade, sobre todo en época de crise, para familias con terras. Podería ser unha axuda importante dedicar algunha superficie a este produto. O pemento non ten problemas de venta nestes momentos. Aínda cun sistema desorganizado véndese toda a produción e máis aínda cun organizado e eficiente. Hai capacidade para producir máis e o mercado o absorbería.
-O número inicial de produtores inscritos no rexistro, 41, ¿non é moi baixo?
-En principio, si. O normal é que estivera a inmensa maioría pero hai que pensar que en moitos casos son persoas maiores, que traballan unha superficie reducida e non lles interesa sumarse a Denominación. Pero sería interesante que se deran de alta porque hai envasadores que compran a moitos pequenos produtores e, para poder vender coa etiqueta de calidade, as fincas deben estar forzosamente rexistradas no Consello Regulador.
-¿Non sería preciso promover a concentración de terras?
-Sería o ideal pero, en Herbón, resulta complicado porque hai terreos entre vivendas, moitas viñas… Sería bo para ampliar e mellorar a zona de cultivo.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.