BALONCESTO: PARTIDOS DA FIN DE SEMANA

Publicado por fru en

Esta fin de semana imos ter 2 partidos de equipos do noso club.

O sábado pola tarde, ás 17 h. xogan en Pontevedra as nosas nenas infantís, diante do Arxil, outro equipo chamado a estar ahí arriba, pero que leva 2 derrotas dos 3 partido que xogou. Gañando as nosas nenas só terían que esperar á ultima xornada para saber se xogan os cruces para a liga galega.

100_2975 WEB

Equipo infantil feminino 2009-10

Os seniors van xogar un partido amistoso mañá ás 20 h. en Pontecesures. Vai ser contra un dos rivais ligueiros, o Vilanova . Este partido vai servir para irse preparando para o inicio da liga,  cando só faltan 7 días para o mesmo, competición que se xogará ata finais de marzo. Precisamente para a semán o noso equipo xogará en Pontecesures contra un recén ascendido, o El Doce de Portas, aspirando a lograr acadar o número sufuciente de victorias para non descender, e se a sorte acompaña, poder aspirar a participar na fase de ascenso.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.