Contestación á nota do BNG de Pontecesures sobre o proxecto de remodelación do peirao.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

1.Efectivamente en xaneiro de 2008 aprobouse, por unanimidade, asinar o convenio con Portos de Galicia e aprobar o anteproxecto da obra dos catro millóns de euros. Pero o certo é que o proxecto non se ramatou ata decembro dese ano, e o goberno anterior nin adxudicou a obra, nin deixou consignación orzamentaria algunha para financiala. Moitísimas foron as chamadas e as peticións de entrevistas que fixemos ao anterior presidente de Portos para que a obra fora unha realidade. A calada sempre foi a única resposta.

2.Logo do cambio de goberno na Xunta, nos volvimos a interesar en moitas ocasións polo proxecto en cuestión. Na visita do día 7 de outubro o Sr. Álvarez-Campana manifestounos que non lle convencía o proxecto (materiais elixidos de baixa calidade,indeterminacións en relación cos accesos, esquecemento de que Pontecesures é un peirao fundamental para relanzar a Ruta Xacobea Mar de Arousa-Ulla, etc…) pero non polo custo, senón porque non era o idóneo para Pontecesures e que semellante investimento merecía unha obra moito máis integrada na cidade e con máis participación do concello, pois do contrario perderíase unha ocasión histórica que non vai xurdir en moitos anos.

3.Comprometeuse o presidente de Portos a que se van a realizar agora unhas actuacións urxentes de «choque» e que en 2010 será adxudicada a gran obra de remodelación, deseñándose un proxecto atractivo e ambicioso coa participación do ente público e do concello. Non temos porque dubidar dos compromisos asumidos polo Sr. Álvarez-Campana con este municipio. O tempo dirá se se cumpren, claro.

4.Por suposto, se están a defender os intereses de todos. Non se entende que agora os nacionalistas cesureños manifesten que elaborar outro proxecto sexa un insulto ou unha «baixada de pantalóns». Neste 2009 non se ía adxudicar o proxecto que se rexeita por non ter partida orzamentaria algunha. Como hai que facelo xa en 2010 imos confíar que o proxecto a adxudicar sexa mellor para Pontecesures como afirman con rotundidade os novos xestores de Portos de Galicia.

Pontecesures, 18/10/09

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.