Pontecesures adxudica a o obra de reparación de servizos na rúa dos Mariñeiros de Porto.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Na Xunta de Goberno Local, que tivo lugar o luns, 19 de outubro, e logo de seguirse o procedemento de contratación, con consultas a varias empresas, adxudicouse a Restauración del Hábitat Caamaño SL a obra «Saneamento e Abastecemento da Rúa dos Mariñeiros de Porto», que ten un importe de 41.358,67 � (16.543,46 son achegados polo M.A.P., 12.407,60 pola Deputación Provincial de Pontevedra e outros 12.407,61 polo propio Concello), dentro do Plan Provincial de Cooperación 2009.

Con esta actuación vanse arranxar as redes de saneamento e de subministro e auga potable nun tramo de 152 m. lineais na Rúa dos Mariñeiros de Porto, partindo do paso a nivel de ferrocarril da Praza dos Valeiros. Na actualidade, os servizos desta zona están moi deteriorados, con continuas avarías de auga, que ocasionaron problemas no pavimento, con numerosos baches no vial.

Espérase que a obra sexa executada nun prazo de 2 meses.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.