Incendio no baixo da Carnicería Eitor.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sobre ás 14:20 horas de hoxe, e cando o propietario, Javier Moreiras Eitor, xa había pechado o establecemento ao mediodía, declarouse un incendio nesta carnicería situada na rúa San Lois, 44 de Pontecesures.
A orixe do lume, parece ser que estivo nunha pequena oficina da parte traseira do baixo. O incendio xa está extinguido, pero arestora segue a utilizarse auga das mangueiras para eliminar o fume, e comprobar os danos sofridos por mor do sinistro.
Na extinción participaron efectivos de Protección Civil de Padrón, Pontecesures e da Policía Local cesureña.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.