BALONCESTO: O EQUIPO INFANTIL FEMININO CLASIFICADO PARA DISPUTAR A ELIMINATORIA CLASIFIATORIA PARA XOGAR LIGA GALEGA, Ã? GAÃ?AR HOXE 54 – 30

Publicado por fru en

100_2975 WEB

Nun día accidentado pola humidade existente no polideportivo de Pontecesures, que motivou que o partido que se ia xogar contra Cortegada na mañá hoxe, tivo que trasladarse ó campo das nosas rivais en Carril, para poder rematar este campionato previo de clasificación á liga galega, xa que pasado mañá luns vai ser o sorteo dos cruces. Neste partido contra Cortegada decidíase ó 1º posto, cas nosas invictas e Cortegada cunha única derrota.

Pois ben, coma queira que había que xogar, e posto que o estado da pista empeorou entre as 11 e as 12 h. da mañá de hoxe, non houbo outra solución que xogar o partido e Carril, empezando este á 1 do mediodia.

Rapidamente as nosas puxéronse diante cun 10 a 0, inda que a finais do 1º cuarto acercarónse as de Carril a 3 puntos 10 a 7. No 2º cuarto seguíamos domiñando por pouco, e no xusto antes do descanso as nosas peguan un tirón que deixa o marcador nun 24 -11.

Un parcial de 22 – 2 para as nosas deixou o partido sentenciado (35 – 13) en 7 minutos, posibilitando que o mister Antonio repartira minutos entre as 10 nenas convocadas. Fianlmente o partido rematou 54 – 30. Destacar tamén o bo ambiente existente nas gradas, cunhas 50 persoas que se desprazaron ata Carril entre familiares e xogadores do noso club, que non pararon de animar ó noso equipo.

Luns ás 19 h. será o sorteo dos cruces que se xogaran a vindeira semana. Son 6 eliminatorias a dobre partido, o sabado 31 e domingo 1. Os 6 equipos que gañen disputarán a liga galega, xunto con outros 10 equipos que estaban xogando no «grupo especial», á par que este campionato zonal. Os mellores equipos aseguran a sua presencia na liga galega, e os mais frouxos cruzense cos campions das delegacións, coma é  o noso caso. Agora a esperar a sorte, e se hai sorte pode tocar un rival asequible que nos permita disputar a competición autonómica.

Tamén estacar que esta tarde, ás 16 h. comunicouse á federación o estado da pista, suspendéndose o partido dos senior que se ia disputar contra Portas hoxe ás 19.30 h. polo que xa non se desprazaron os xogadores visitantes nin árbitros. Coma no calendario quedaron datas libres para estas incidencias, recuperarase posteriormente este partido.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.