Encontro dos Axóuxeres en Valga.
Os bebés de Valga e as súas familias tiveron onte unha cita no Auditorio de Cordeiro co «Encontro de Axóuxeres», unha festa infantil coa que a Secretaría Xeral de Política Lingüistica da Xunta busca promocionar o uso do galego dende idades temperás, a través dun espectáculo de palabras e música de corenta minutos de duración. A diversión e o entretemento estiveron garantizados no Auditorio.
Peixes, vermes e ata marcianos apareceron no Auditorio. Interactuaron con pequenos e con pais a través das palabras, da música e de diferentes xogos.
O protagonista de espectáculo foi Totó, un simpático boneco azul que empendeu unha viaxe na compaña de Eí para percorrer xuntos espazos coma da terra, o mar e incluso o sol. O obxectivo non é outro que atopar a Pope, un amigo de Totó.
DIARIO DE AROUSA, 25/10/09
0 comentarios