Emotiva presentación do libro «Historias do Carril-Cornes».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Unhas 150 persoas asistiron na tarde de hoxe, no edificio onde estivo situada a antiga estación de Cornes en Santiago, á presentación deste libro de Xoán Luís Miguéns García. O acto foi presentado polo alcalde de Santiago e polo presidente do Consorcio de Santiago.
Houbo discursos emotivos dos intervintes lembrando anécdotas da primeira liña de ferrocarril de Galicia.
No libro veñen reflectidos 24 relatos sobre pequenas historias que «circularon» ó longo dos anos por riba deste primeiro camiño de ferro galego.
Hai que salientar que no apartado de agradecementos do libro, o autor nomea a FRANCISCO FREIRÍA OLIVEIRA, responsable da OMIX do Concello de Pontecesures, ao cesureño MANUEL GRELA CASAL, e ao veciño de Pontecesures e ferroviario, MIGUEL DE CELIS, polas achegas de material gráfico para enriquecer o traballo.
Un exemplar do libro estará mañá na biblioteca de Pontecesures para a súa consulta. Ten historias entrañables para toda esta comarca.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.