Entrevista con O Leo i Arremecághona que actúa o sábado 31 no pub Taboga.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

«VESTIRSE DE PALLASO � UNHA FORMA DE RIRSE DUN MESMO»

«Son único cantautor do mundo que se separou de si mesmo », asevera O Leo i Arremecághona!!! Así o demostrará o vindeiro sábado, cando ofreza unha esperadísima actuación en Pontecesures. Non por nada é un dos ‘showman’ máis queridos, xa que leva máis de 10 anos poñendo en escena os seus espectáculos cheos de irreverencia, reivindicación filolóxica e un especie de travestismo paródico que non deixa títere con cabeza. ‘A maldiçión dos ghusanitos’ ou ‘Suspiros de kaña’ son dous dos seus clásicos, como di a frase, de ‘ayer, hoy y siempre’.

Xa hai que non se vía ó Leo pola beira do Ulla. Si, volvemos a Cesures despois de tocar na Casa Vella de Campaña e no festival Artenativa. Estivo aí a xente facendo presión e veño tamén co dj Arturo B, que ademais é compañeiro e ‘amigho’.

Cando di «volvemos» é porque non vén vostede só…

Vai ser a primeira vez que leve por esta zona o espectáculo novo, Todos metidos nun bote tour. Son o primeiro cantautor do mundo que se separou de si mesmo e agora somos catro: un cantautor da transición na liña comunista-independentista dos 70; o espectáculo novo do Leo, que se titula ‘A neurona na patineta’; o seu irmán xemelgo descoñecido, En-Riquinho, que, como era ‘pijo’, estivo pechado no faiado ata os 33 anos, e o fillo do Leo, un rapeiro que é unha crew el só.

Non van caber no Taboga!

Bueno, desta vez só imos O Leo e o En-Riquinho, que é un trasunto de Iván Ferreiro. � unha parodia do pop, unha enmenda á totalidade do pop. Aí queda iso. Vai cambiar o punk polo pop? A música é de base pop, pero as letras teñen moi mala ostia agochada. O motor é a parodia, pero cunha base pop máis asumible para o público.

E con que sorprenderá O Leo?

O novo espectáculo do Leo é minimalista, con temas de menos dun minuto. Todas as cancións son do poemario que publiquei, ‘Hai cu’. Se tes algo que dicir, dío rápido. Ã? a máxima do punk. Por iso improviso a música do momento. Este novo espectáculo é máis punk. Así que mira que falso é Gusiluz.

Ten dúas caras! Pero, traxe de galega ou de faralaes?

O novo espectáculo é máis punk. Cando empecei con el tentei vestirme de rúa, pero non puiden evitalo e ó final vou un pouco de pallaso. Un pouco como Jonhy Rotten, dos Sex Pistols, en Paredes de Coura. Ã? unha forma de rirse dun mesmo. En canto ó En- Riquinho, vai vestido de marca, pero de marca moi sui generis, con pantalón de Citroën, gorra de Piensos Biona, camiseta tamén de propaganda…

E que foi dos clásicos? Non van a parecer por Cesures?

Si! Abrirá O Leo, logo seguirá En-Riquinho e pecharán os clásicos de sempre, como ‘A maldiçión dos ghusanitos’ ou ‘Suspiros de kaña’. O fin de festa será con Lolita de Coristanco, co traxe de faralaes. O novo espectáculo é máis punk.

Leoi
Fotografía: Diario de Pontevedra

DIARIO DE PONTEVEDRA, 28/10/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.