Marcha do Samaín organizada pola ANPA do CPI Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Organizados pola ANPA do CPI Pontecesures, houbo esta tarde unha serie de actos para celebrar o Samaín.
Nun principio, no Centro Social houbo un contacontos e unha pequena actuación teatral dos nenos. Logo saíron cos cabazos nunha marcha polas rúas cesureñas co seguinte percorrido: Camiño de San Xulián, A Plazuela, Rúa San Lois, Rúa Nova, Rúa Ullán, outra vez rúa e San Lois, para rematar na praza da Lonxa. Nesta praza degustaron nenos, país e avós, unha merenda con chocolate con churros.
Foron bastantes os nenos de infantil e primaria que asistiron á festa. E tamén o número de pais.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.