Escrito á directora xeral de infraestruturas sobre as estradas autonómicas en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O pasado día 10 de xullo solicitouse ao Conselleiro de Medio Ambiente Territorio, e Infraestruturas que a actuación na PO-548 se complete coa execución dos primeiros 500 metros da estrada (os que discorren por Pontecesures). Resulta incrible que se arranxe toda a recta de Campaña que ten uns 3 quilometros e pico, agás a parte da recta que discorre pola nosa vila. A obra de seguridade non pode quedar inacabada. Son moitos os veciños de Pontecesures que teñen que desprazarse a cotío pola beiravía desa estrada, sen beirarrúas (zona bastante poboada, pacientes do PAC de Baño-Valga. escolares, etc…). O perigo é considerable. Tiñamos o compromiso da antiga delegada da CPTOPV de que se ía realizar a obra, e comentamos esta circunstancia ao Delegado da Xunta, Sr. Cores Tourís.
Aínda que se nos contestou afimando que o tema está en estudo, non temos máis novas sobre o particular.

Por outra banda, tamén hai unha necesidade importante de reparar as beirarrúas da estrada autonómica PO-214 Pontecesures-Baloira. As actuais están destrozadas en algúns tramos xa que o ceder pequenos muros de contención sobre as fincas, as beirarrúas abriron, e así os buracos e o firme irregular obriga aos peóns a circular pola propia calzada co conseguinte perigo. A responsabilidade é importante en caso de sinistro, e a imaxe de abandono que transmiten estas beirarrúas é triste.

Tendo en conta que se están a investir importantes cantidades en seguridade viaria das estradas autonómicas, prégolle que se activen as xestións para que as melloras solicitades para a PO-548 e a PO-214 ao seu paso por Pontecesures sexan unha realidade canto antes.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.