Pontecesures réndese á «maldición dos ghusanitos».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Pisando o traxe de faralaes e baixo unha chuvia de riffs guitarreiros e aplausos rematou, como non podía ser doutra maneira, e esperada actuación de Leo i Arremecághona no pub Taboga a noite do pasado sábado.
Había expectación na ribeira do Ulla por ver o novo espectáculo do cantautor punk que se separou de si mesmo, algo único no munod. �s seguidores do de Matamá quedoulle claro por que non podían perder este concerto, mentres que os primeirizos nestas lides ficaron abraiados ante tal descarga de barullo guitareiro, fina ironía e «mala ostia agochada» nas súas letras, como o protagonista advertía antes.
Arribou en esures tras unha actuación en Compostela coa súa xira «Todos metidos nun bote tour» e quedou con todos no primeiro tema. Sombreiro negro (para algo era o Samaín), pantalón de cadros e botas Dr. Martens, ó máis puro estilo punk. «A neurona na patineta». é o novo espectáculo do Leo, no que non faltaron clásicos de menos dun minuto (haikus punk) nos que montou o xa famoso Gusiluz («que falso es, tes dúas caras») ou versionou o «Somebody put something in my drink» dos Ramones´o máis puro estilo José Tojeiro («botáronme drogha no colacao»).
Roupa de marca (gorra de Biona, chandal de Citroën) foi a que luciu o seu irmán xemelgo, En-Riquinho, para ofrecer os seus temas pop («Te recuerdo Borja») e outros míticos que nunca sairán nos 40 Principales antes de que o Leo de toda a vida se desatase no escenario a ritmo da «Maldición dos ghusanitos».

DIARIO DE PONTEVEDRA, 04/11/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.