«A camiseta dos pementos de Padrón é a que nos segue a dar de comer».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A retranca popular vive o seu «revival» a través da estética impulsada por Rei Zentolo. En só seis anos, converteron a marca nunha referencia do deseño galego

Un día recibiron a chamada dun cliente que lles contou que viaxara a París, subira ao alto da Torre Eiffel lucindo a súa camiseta de Rei Zentolo (a dos pementos de Padrón). E xusto alí encontrou a outro mozo con idéntico atuendo. Este é so un exemplo de a onde chegou a popularidade da moderna retranca galega que estes empresarios pontevedreses estampan cada día nos seus deseños. A peculiar estética e humor abriu unha estela no sector en Galicia que hoxe xa seguen moitos.
Pero non foi un camiño doado o que emprenderon hai xa seis anos. Salva Vázquez lémbra que na primeira ronda que fixo polos comercios de Santiago para ofrecer o seu produto, de sesenta establecementos só un, xestionado por un arxentino, lles deu o si. «Dicíannos que o tema galego non vendía», engade. «O que aquí funcionou foi o boca a boca, á xente lle gustou e púxolle de moda, pero tamén nos movemos moitísimo».
A cadea comezou no Parlamento galego, onde políticos de todos os partidos mercábanlle camisetas a Xosé Miranda, o tercer fundador de Rei Zentolo (desvencellado da firma desde decembro do 2008) cando trabajalla na cafetería do Hórreo. E continuou nos principais festivais e feiras de festas que se celebraban en Galicia. Así ata que no 2004 abriron en Pontevedra a súa primeira tenda, grazas á recadación que acadaran na feira de artesanía do verán anterior. «O primeiro ano ademais de traballar na tenda, o fin de semana collía o coche, o tren e ía buscar clientes á Vigo, A Coruña (recorda Salva). Logo comezaron a chamar as tendas».
Nos comezos lles chamaban os «mozos da camiseta dos pementos de Padrón», e cando chegou o momento de elexir o nome da marca, lembráronse das Covas do Rei Cintolo de Mondoñedo e lle deron unha volta ao nome, como fan para cada eslogan, tendo tamén en conta que o rei, o zen e o tolo «víñanos adecuado, cada cal tiña o seu estamento, pero non che vou contar quen é quen», ríe Pablo. «As ideas vanlle saíndo a calquera (sinalan). Ás veces, estás falando con alguén, xurde a idea e a apuntas onde sexa. E en moitas ocasións tes o debuxo e non a frase, ou viceversa. Sempre tratamos de xogar e darlle unha volta a todo». Por certo que, según Salva, a citada camiseta dos pementos é todavía hoxe «a que nos segue a dar de comer». «? a máis vendida, tentamos retirala hai tempo, pero non podemos».
Proxección
Na actualidade, existen oito tendas Rei Zentolo (sete en Galicia e unha en Madrid, todas franquiciadas excepto a de Vilagarcía) e a firma está presente en 300 puntos multimarca en España. Ademais da liña Rei Zentolo, lanzaron Yobordo (prendas para muller que xa se poden atopar en París, Roma, Xapón ou Bélxica) e Shirtgigolo (con eslóganes en castelán e inglés, con vistas á producción fóra da comunidade). «Despois de Galicia o primer distribuidor que nos chamou era de Valencia, e do catálogo escolleu só tres ou catro camisetas, por eso xurdiu esa liña Shirtgigolo», di Salva.
Os fundadores da empresa comezaron a externalizar servizos para poder adicarse exclusivamente ao diseño, tanto en téxtil como logotipos, campañas de publicidade e outros produtos, entre os que figura o próximo lanzamento no Nadal dun cómic, adicado ao superheroi Centoloman, ademais duna nova liña de ropa interior e bolsos. E tamén probaron no sector da hostelería, co local A Pega Moura na zona vella.
¿O segredo do éxito? «A idea é boa -apunta Salva-. Realmente guiámonos polo exemplo de Sargadelos, que o máis semellante que había. Sargadelos naceu para ofrecer un produto artístico, pero tamén para sacar a arte dos museos. Pensamos, imos facer o mesmo, pero un pouco máis moderno. A mín encántame Sargadelos, pero nos dixemos ¿Que estética se está a levar? E era a pop. Agora variamos bastante, pero ao comezo tratábase de xogar coa estética de Warhol. Supoño que iremos evolucionando o estilo, pero xa ven dado».
Pablo é o responsable do debuxo e da estética e Salva aporta ideas ou frases. «Ao mellor, de cen ideas, sacas seis», comenta. Recoñecen que agora só lles falla un pouco á hora de inspirarse «a idade». «Xa somos treintañeiros -sonríe Salva-. E non te sae nada cunha Playstation…». E que tamén deseñan algunhas camisetas «sabendo que non as imos vender, pero facémolo porque nos gusta».

LA VOZ DE GALICIA, 07/11/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.