A pesar da eiva, o BNG co Obradoiro de Emprego

Publicado por bngpontecesures en

O BNG parécelle unha gran nova que, por fin, no noso pobo se poida poñer en marcha un novo OBRADOIRO DE EMPREGO, e máis tendo en conta o número de parados que hai en Pontecesures. Nembargantes, lamentamos aínda máis que o goberno local non fixera caso da proposta do BNG na que se pedía que se solicitase un cuarto módulo de carpintería o que daría a oportunidade de contar con 10 ou 15 alumnos máis; proposta que non foi tida en conta e rechazada no pleno polo grupo de goberno.

A pesares de solicitar só 3 módulos: Xardinería, Construcción e Enerxías Renovables de 15 alumnos cada un, a Xunta reducíu aínda máis este Obradoiro concedendo únicamente 33 alumnos no canto dos 45 solicitados. O BNG non comprende esta rebaixa tan significativa no obradoiro por parte do goberno autonómico ??amigo? do Sr. Rafael Randulfe, o que ven a demostrar o pouco peso político deste personaxe, tendo en conta tamén que noutros concellos non gobernados polo PP a Xunta concedeu Obradoiros con máis alumnado que o de Pontecesures.

O BNG insta a todos os desempregados de máis de 24 anos de Pontecesures a que acudan antes do día 11 de novembro ás oficinas municipais a anotarse para este Obradoiro de Emprego.

Por outra banda, o BNG esixe do goberno local que a selección tanto dos alumnos como do resto de persoal do Obradoiro se faga de xeito transparente e xusto.
Pontecesures, 6 de novembro de 2009
GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE PONTECESURES


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.