Asinados os convenios do PEIM e do PIR entre Medio Rural e o Concello e Pontecesures.
O PEIM 2009 asinouse pola alcaldesa de Pontecesures e o conselleiro Samuel Suárez o pasado dÃa 6 de Novembro en Pontevedra. Vanse investir 60.644,97 euros en Pontecesures, afrontado este custo na súa totalidade a Xunta de Galicia. As tres obras incluÃdas son as seguintes: 1)Saneamento na zona dos Martingos en Carreiras, 2)Rexeneración do entorno ambiental do regato da Chancela en Infesta e 3)Ancheamento nun tramo da rúa Carlos Maside, nas proximidades da praza dos Valeiros de Porto.
Tamén asume o custo de 41.164,44 euros a Xunta de Galicia en base ao Plan de Infraestrutura Rural (PIR) da Conselleria do Medio Rural. O convenio entre o concello e a consellerÃa foi asinado no dÃa de hoxe en Santiago. As dúas obras incluÃdas son: 1)Rebaixe e pavimentación dunha pista no Outeiro da Toxa e 2)Acondicionamento de praza de subida a Requeixo en San Xulián.
O goberno local quere mostrar a súa satisfacción pola sinatura destes convenios, xa que estas actuacións son moi necesarias para estes lugares de Pontecesures. � posible que sexan adxudicadas dentro deste ano.
4 comentarios
000 · 12-11-2009 a las 22:04
GustarÃame que se deran a coñecer os criterios nos que se basan as decisións do goberno municipal para asignar os fondos destes programas, plans, etc, xa que fai pensar que o reparto equitativo ou o reparto baseado en razóns de urxente necesidade, non son tales; e isto porque sempre aparecen zonas ás que se lles asigna algo, San Xulián por exemplo, sempre está presente, e Infesta non anda lonxe; asà como Carreiras e Toxa polo cal me alegro, doutra banda, me pregunto é tan necesaria a Rexeneración do entorno ambiental do regato da Chancela en Infesta (queirades ou non queirades da o cante esta actuación jo…nese entorno, se non me engano, está a vivenda da rexedora municipal), a rexeneración pretendida poidera ser que se basee na renovación da faciana pola súa cercanÃa coa Nacional, pero o descoñezo, dahà que serÃa oportuno esgrimir (digo eu) as razóns, as deliberacións levadas a cabo polo grupo de goberno; entendo que tales actuacións non se someteron ao Pleno (á marxe da competencia ou da celeridade na tramitación) ¿non?, pois non serÃa mala idea o seu sometemento, por se a oposición aportara algunha opción á hora de destinar as inversións. Despois disto sorprende a actuación na rúa Carlos Maside ao longo de corenta metros antes da praza dos valeiros, ¡por favor! aclaración, ¿a quén lle toca? ¿trátase dun recorte con aproveitamento para o propietario ou non?; ¿cal é a razón desa actuación ahÃ? ¿por qué non se fai diante da taberna de vieites ata o paso a nivel? en Carlos Maside dirección única, dous vehÃculos nunca se atoparán cara a cara no entorno da praza dos valeiros, pero diante da casa do exconcelleiro, e a finca dos invernadoiros de porto ahà a circulación ten doble sentido, e os atascos están a orde do dÃa, de ahà que me pregunte ¿a quén se vai beneficiar coa actuación de Carlos Maside, aos peatóns para que non circulen tan apretados, cando pasan os coches? (ahh! cuestión de seguridade, vale), estas son as razóns polas que non serÃa despreciable, unha vez mais, dar a coñecer as sesudas deliberacións nas que se basan as decisións de inversión dos fondos de ditos Plans de actuacións, Programas de Reforma, etc.
¿Lémbrase o «Concelleiro non Adscrito», afortunadamente único con quén contar, aquél Regulamento da actuación veciñal nos Plenos? ao mellor serÃa un bo momento para retomalo, aÃnda que non creo que sexa posible, cando hai cousas tan importantes sen solventar. Estábamos no goberno, da luz e dos taquÃgrafos, ¿non sÃ? pois conten á xente, conten, outra vez, ¿cales son os criterios para a adxudicación? o dÃn vostedes, e punto; (perfecto, están lexitimados) vai ser o conto da financiación autonómica e Cataluña, sempre leva tallada, Catalonia sempre leva tallada, aquà San Xulián o punto central, a corraña queda arriba, coma Porto Praza dos Valeiros, punto central, a corraña queda arriba) e ás corredoiras onde viven os votantescontribuÃntes seguen sen chegar as ambulancias, o acceso en kaiak, con trallas e risons… auténtico camiño de mariñeiros, ¡si señor!… é que seis kilómetros cadrados dan para moito…e non se da repartido equitativamente tanto fondo público, sobre todo equitativamente e con criterios obxectivos
Luis Angel Sabariz Rolán · 13-11-2009 a las 00:10
Interesante a intervención «000». Evidentemente cada un pode ter a súa opinión sobre as obras a incluir no PEIM 09. Explicouse dabondo neste medio que coa actuación da Chancela trátase de impedir que as augas do regato sigan a causar danos nas xonas traseiras de propietarios particulares da rúa Ullán. Penso que o ancheamento da rúa Carlos Maside vai quedar ben. RealÃzase porque un particular cede unha boa porción de terreo para o uso de todos. Hai que agradecerllo.
Este goberno, e os anteriores tamén, ollo, quere anchear os camiños, pero, claro, ten que haber cesións e ademais que as reposicións sexan razoables económicamente. Todo o mundo dÃ: «Hai que anchear». SÃ, pero na finca dos outros.
Por exemplo, na rúa dos Mariñeiros da que falas xa houbo dous ancheamentos (un ao lado da taberna de Vieites e o outro a carón da carpinterÃa Portas). A reposición dos muros valeu os seus cartos e foi asumida polo concello.
Houbo ancheamentos en bastantes sitios, e tentáronse outros nos que non foi posible o acordo cos propietarios.
A elección das obras non é caprichosa. Pero tes un importe limitado. ¿A que goberno non lle gustarÃa mercar a casa da curva enfronte a taberna de Vieites, para anchear a rúa?. ¿Ou mercar a da rúa Deputación fronte a de Ignacio para o mesmo fin?…
No PIR houbo que incluir a praza na Subida de Requeixo que é unha necesidade. Unha familia cedeu gratuitamente a vella casa e o terreo ao concello. ¿Como iamos deixar asà aquelo cheo de terra arrastrada pola augas sen facer nada? ¿Que dirÃa a familia e os veciños ao pasar o tempo?. Pois non lle gustarÃa, lóxico.
Hai outras actuacións para o plan da deputación (rúa Fontaiña de Porto, na rúa Calera, na rúa Deputación, na rúa dos Acebedos, na Novo Núñez, etc…). Dende logo non aprecio discriminación para ningunha zona, pero, lóxicamente, todo o mundo pode aportar ideas. Hai zonas onde as actuacións son complicadas. Falas de San Xulián: non é só a rúa do Pilar, hai rúas enormemente estreitas alà con grandes dificultades para acceder un coche. Non se pode esquecer iso.
Tes razón no dos plenos. Considero que serÃa moi beneficioso que o público poidese intervÃr ao remate. Claro que sÃ.
Cara de cona · 15-11-2009 a las 02:08
si..si…si…hai que deixar falar nos plenos a xente…..para diante ca medida….
baleato · 12-05-2010 a las 08:03
¡¡¡ESCANDALO!!!, «A CHANCELA»…..
Xa o dixo «OOO» , esas son as decisións que toma o equipo de goberno, ahà tendes o resultado, o escándalo a crÃtica, ¿para que acordar nun Pleno onde destinamos os cartos?
¡ BNG ! vós caladiños que a obra foi arriba con vós ou sen vós… todos uns trapicheiros, un único triunfador, neste caso «triunfadora» e todos ao seu ritmo…¡¡estupendo!!