Incidencias polas fortes choivas desta mañá.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Debido á acumulación de auga, houbo corte de tráfico perante tres horas na ponte baixo á vía do tren que une o peirao coa rúa Carlos Maside. Nesta última rúa houbo moita auga que non era evacuada polas tubarías de pluviais que viñan cheas. Hai bastantes problemas no saneamento da zona que hai que solucionar.
Por outra banda, hai que salientar que desplomouse un salgueiro no camiño portugués, practicamente na intersección da pista que vai a Cedelo co Camiño do Regadio. Esta apoiado nunha viña e mañá procederase o seu talado.
Tamén mañá seran reparados dous brazos de alumeado público que se soltaron do poste por mor do forte vento. Un na Paxareira e outro na rúa Fontaíña de Porto.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.