Presentada a oferta de emprego para contratar un auxiliar administrativo para o obradoiro de emprego de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Requisitos xerais dos aspirantes:
-Non padecer enfermidade ou defecto fisico que impida o normal desempeño das funcións.
-Estar en condicións de se incorporar ao posto na data de inicio do proxecto formativo.
-Comprometerse activamente no adecuado desenvolvemento do proxecto formativo, como medida activa de fomento de emprego.

Requistos preferentes:
Experiencia profesional de 12 meses como administrativo ou auxiliar administrativo (nos últimos 5 anos) coa titulación de técnico superior ou equivalente na familia da administración.
De non obter candidatos coa titulación sinalada o requisito mínimo será 24 meses de experiencia profesional como administrativo ou auxiliar administrativo (nos últimos 5 anos).
A posesión destes requisitos condicionará a admisión dos candidatos ó proceso selectivo, polo que non poderán ser obxecto de valoración posterior en ningunha das fases selectivas a desenvolver.

O ámbito xeográfico da sondaxe da oficina de emprego será o municipio de Pontecesures.

A oficina de emprego de Vilagarcía remitirá un mínimo de 4 candidatos e un máximo de 6. Estes serán convocados para que presenten a documentación administrativa acreditativa dos seus méritos. A lista de candidatos será publicada o 12 de xaneiro de 2010 indicando o lugar e hora da entrevista.

Logo, o sistema de selección polo grupo de traballo mixto consistirá na primeira fase de valoración de méritos, e dunha derradeira de entrevista persoal.

Méritos que se valorarán:
Experiencia profesional, puntuación máxima 5,4 puntos.
a) Experiencia en posto de traballo de administrativo en escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego: 0,6 puntos por cada 6 meses ata un máximo de 4 puntos.
b) Experiencia en posto de traballo de administrativo en empresas ou entidades públicas ou privadas: 0,5 puntos por cada 6 meses ata un máximo de 4 puntos.

Formación complementaria en informática, puntuación máxima 2 puntos:
-De 20 a 49 horas lectivas: 0,05 puntos.
-De 50 a 99 horas lectivas: 0,10 puntos.
-De 100 ou máis horas lectivas: 0,50 puntos.
Os cursos deben estar relacionados coas funcións a realizar e feitos nos derradeiros 5 anos.

Cursos realizados, puntuación máxima 2 puntos:
A mesma puntuación por horas do apartado anterior, e coas mesmas condicións.

Coñecemento do galego, puntuación máxima 0,5 puntos:
Iniciación: 0,10 puntos.
Perfeccionamento: 0,25 puntos.
Outra titulación superior: 0,5 puntos
De ter máis dun curso só se valora o superior.

Fase da entrevista persoal:
Pasarán a ela os catro candidatos que obteñan a maior puntuación na valoración dos méritos, aínda que poderá incrementarse polo equipo de selección.
Na fase de entrevista poderase realizar aos candidatos unha comprobación práctica dos coñecementos informáticos.
Esta fase non ten carácter eliminatorio e a puntuación máxima que se pode acada é a de 3,5 puntos.

A suma da fase de concurso coa da entrevista, determinará o candidato seleccionado.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.