Os malladores triunfaron na Mostra do Patrimonio.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

mALLADO

Os malladores acudiron provistos dos seus manles e deixaron a máis de un sorprendido.

O proceso tradicional do trigo, que Valga recuperou hai tres anos, foi a pasada fin de semana un dos principais atractivos da Mostra do Patrimonio Inmaterial de Ourense, cunha exposición e unha representación en directo da malla.

Atradición semella ter tirón entre a cidadanía ou, alomenos, así parece que quedou patente nos últimos días na Praza Maior de Ourense, que acolleu a Mostra do Patrimonio Inmaterial, con stands de presencia de un bo número de colectivos e entidades de toda Galicia. Entre eles o Concello de Valga e un grupo de cincuenta veciños, que se desprazaron o sábado ata a cidade das Burgas para poñer o colofón á súa participación neste certame, que xa comezara días antes cunha exposición sobre o proceso de transformación do trigo seguido a fórmula tradicional, sen sofisticada maquinaria que pudiera aliviar o traballo humano.
Foi o día 10 de novembro cando a localidade valguesa comezou a estar representada na Mostra do Patrimonio Inmaterial. Foi a través dunha exposición sobre todo o proceso de elaboración do trigo, que incluía non só fotografías de cada paso senón tamén ferramentas tradicionais. Por exemplo, o arado de apo e a grade que se empregaban antano para a sementeira deste cereal, o fouciño para a sega ou recolleita, ou os manles, aparellos fundamentais para que, coa malla, se poida separar o grao da palla.

Da mostra tamén formaron parte varias pezas de pan de trigo elaboradas de xeito artesanal, unha pala de madeira para o forno e un ferrado ­a medida máis pequena da semente­. A isto engadíronse as figuras do Belén Artesanal en Movemento que representan todo este proceso: a sega, a malla e unha comida campestre con degustación de empanada e un baile popular.

Pero o prato forte chegou o sábado. Medio cento de persoas do municipio valgués desprazáronse en autobús ata a capital ourensana para realizar unha representación, en directo, da malla do trigo, unha das fases máis espectaculares do proceso. Así quedou demostrado na Mostra do Patrimonio Inmaterial, xa que foi un dos contidos que máis sorprendeu e máis gustou ao público que se deu cita na Praza Maior. Integrantes da asociación de maiores ??Axentiva? levaron a voz cantante nesta actividade: os malladores botaron man dos manles comezaron a bater con forza no trigo para separar o grao da plla, mentras as pandereteiras de Moldes poñían música e cánticos a este traballo, que chamaba a atención da xente. Moitos sacaban fotografías do momento, mentras que outros interesábanse por esta tarefa e preguntaban en que consistía. Ao final, todo rematou en festa, cos valgueses entremezclados cos colectivos chegados dende outros puntos de Galicia botando regueifas e cantando coplas populares.

Esta foi a segunda ocasión na que Valga contou con representación na Mostra do Patrimonio Inmaterial, aínda que o ano pasado foi unha presencia moito máis reducida xa que se limitara só á exposición sobre o trigo.

O Concello, que foi o que impulsou a recuperación desta actividade tradicional, estudia continuar promovendo iniciativas. Este ano, por vez primeira, introduciuse neste proceso a plantación de millo. Recolectouse no mes de outubro e agora está a secar nun hórreo, polo que próximamente poderíase realizar unha actividade para debullalo.

DIARIO DE AROUSA, 18/11/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.