Hoxe quedará corrixida a avaría do alumeado público do peirao.
Varios días leva sen funcionar a iluminación no peirao, dende a curva da Nestlé con dirección á rúa Calera de Porto. Ao parecer a empresa encargado do mantemento do peirao realizou recentemente actuacións de mellora da instalación eléctrica.
Dende o Concello de Pontecesures comunicouse a deficiencia a Portos de Galicia, que foi denunciada por varios veciños, e no día de hoxe espéraxe que o alumeado estea operativo.
0 comentarios