Accidente dunha furgoneta con obreiros de Construcciones Caamaño S.L.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Onte, día 20 de novembro, sobre as 20 horas unha Mercedes Vito de Caamaño S.L. na que ían 4 traballadores logo de rematar a súa xornada en Vigo, tivo un accidente no km. 147 da AP-9, dirección A Coruña. Dous deles resultaron feridos leves. Un nunha perna, sendo atendido na Hospital Domínguez de Pontevedra. Outro cun golpe na cabeza foi asistido nun hospital de Vigo.
Parece ser, que cando ían adelantando un camión dos que transportan o lixo a Sogama, un C-3 que ía adiante perdeu o control na autoestrada. Frenaron para poñerse outra vez detrás do camión, pero éste frenou para non topar co C-3, a furgoneta fixo o mesmo, e foi alcanzada por atrás por un segundo camión tamén de transporte de lixo. Deste xeito, a Mercedes Vito quedou golpeada entre os dous camións. Afortunadamente o accidente saldouse con dous feridos leves e dous ilesos. O vehículo da empresa cesureña quedou con daños irreversibles (sinistro total). A C-3 tamén quedou totalmente destrozada, coa condutora ilesa.

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.