Retirados seis cans perigosos dun contenedor do peirao de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Na mañá de onte foi denunciado por esta concellería á Guarda Civil o feito de que había cans agresivos encerrados nun contenedor de obra situado no peirao de Pontecesures, a carón da depuradora municipal. Estes cans xa mataran un par de ovellas no termo de Dodro, deixando feridas outras, sendo imposible retelos aos axentes da orde pola súa perigosidade. Tamén crearon problemas en Valga matando un can dun veciño. Así a presenza destes cans na zona estaban a provocar unha certa alarma social entre os veciños.

O SEPRONA fixo a correspondente inspección e presentou no concello o acta. Os animais eran trasladados de un municipio a outros por unha persoa que se adica ao transporte de chatarra e que a depositaba nunha nave en Padrón onde, hai pouco, houbo un incendio considerable.

En base ao disposto 32 do Decreto 153/1998 que aproba o regulamento que desenvolve a Lei de protección dos animais domésticos e salvaxes en cautividade, o concello decidiu confiscar inmediantamente áos animais ordeando o aillamento. Así sobre ás 14 horas, en presencia da Policía Local, persoal dunha empresa de Gondomar, encargada polo Concello de Pontecesures, fíxose cargo dos cans que trasladou a un depósito de dita empresa do mesmo lugar.

Seis foron os cans confiscados, e como non se logrou notificar nin localizar ao presunto titular non se puderon confiscar os catro cachorros que ten no interior do seu vehículo.

O Concello de Pontecesures ten agora que afrontar o custo dos gastos do confiscamento e traslado dos cans, pero facíase necesaria unha actuación urxente para garantir a salubridade e a seguridade.

Nos vindeiros días a Policía Local cumplimentará as diligencias do expediente transmitindo ao SEPRONA as mesmas.

Pontecesures, 22/11/09

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.