Adriana Rivas, do grupo Algueirada, gaña o certame de gaita de Rianxo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A cesureña Adriana Rivas Seijo, do grupo Algueirada, gañou o certame tradicional de solistas de gaita organizado pola Asociación Fogo Fatuo e que tivo lugar o sábado 21 de novembro en Rianxo.
Acompañada por Jordi Castaño ao tambor, esta rapaza de 17 anos, impúxose a outros oito gaiteiros solistas e obtivo un premio en metálico de 300 euros máis un agasallo.
Un éxito máis para esta gaiteira cesureña que se consolida dentro dos virtuosos/as da gaita tradicional galega.

Noraboa a Adriana, e a seguir traballando.

adriana_00
adriana_01
adriana_02

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.