Contestación ao BNG sobre a acumulación de auga na rotonda da Charca.
1. O BNG de Pontecesures marcha a «rebufo» deste concelleiro en toda esta cuestión. En xullo pasado expúxoselle a problemática da recollida de augas con posibles asolagamentos ao conselleiro, Agustín Hernández, e á Directora Xeralñ de Infraestruturas, Isabel Vila, exteriorizando a queixa polo que podería suceder senón se actuaba. A raíz diso interesouse pola cuestión o BNG. A directora xeral asegurou que se ía construir una cuneta para desviar as augas en épocas de fortes chuvias ata un tubo de 1 mm de diámetro, algo que non se cumpriu ata agora por estar paradas as obras.
2. O domingo pasado fíxose de novo a denuncia ante Isabel Vila, ante o xefe territorial da consellería, Evaristo Juncal, e ante varios vixiantes da estrada autonómica en cuestión. Agora, trata BNG, de novo a «rebufo», de rendabilizar a deficiencia.
3. Esta obra é responsabilidade única da Xunta de Galicia, titular da estrada, e este concelleiro está a cumprir a súa obriga de denunciar as deficiencias en beneficio de todos para quu se corrixan.
4. Minte o BNG dicindo que houbo asolagamentos. Hai que seren serios e non inventarse catastrofismo. Estivo a piques de habelos, pero, afortunadamente a auga non revasou o nivel do firme nin entrou en vivenda algunha.
5. Minte o BNG dicindo que o alcalde de Valga estivo nunha reunión connosco e con técnicos da Dirección Xeral de Infraestruturas, Iso é completamente falso. O Coincello de Pontecesures non aceptou proposta algunha do concello de Valga e nin houbo conversas nunca sobre este particular. Que se deixen de «cónclaves» ou de «baixadas de pantalóns». ? triste publicar nos medios de comunicación estas falsidades sen contrastar os datos.
6. Débelle quedar claro á cidadanía que se os asolagamentos se jproducen no futuro, non será por non habelo advertido este concelleiro. O único responsabel será a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
Pontecesures, 21/11/09
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais
0 comentarios