Adriana Rivas Seijo: «Eu quero especializarme, quédame moito que aprender».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Gaiteira cesureña, gañadora do certame de solistas de Rianxo

A cesureña Adriana Rivas Seijo, do grupo Algueirada, vén de gañar o certame tradicional de solistas de gaita organizado pola Asociación Fogo Fatuo de Rianxo.

Acompañada de Jordi Castaño ó tambor e con só 17 anos, impúxose a outros oito gaiteiros solistas e obtivo un premio de 300 euros en metálico e un agasallo.

Pode presumir xa de sete permios con só 17 anos. A que idade empezou a tocar a gaita?

Empecei ós seis anos tocando a frauta e ós oito paseime á gaita porque me chamou á atención. Pareceume máis interesante e meus pais tamén me animaron.

Sempre pertenceu ó grupo Algueirada?

Si, sempre estiven como alumna e agora estou dando clase.

Ã? este o seu primeiro premio en Rianxo?

Non, alí déronme outro hai dous anos. Foi un premio especial un pouco improvisado porque tivera dous fallos e non me podían dar o primeiro, pero non me querían deixar sen nada porque lles gustara a miña actuación.

Ten pensado seguir dedicándose á música?

Non me gustaría deixala de lado. Quero seguir estudando e especializándome no Conservatorio de Gaita, porque me queda moito por aprender. Tamén quería estudiar Maxisterio para ser mestra de música.

Categorías: Cultura

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.