Traballo concede unha subvención ao Concello de Pontecesures para contratar persoal de limpeza.
A Consellería de Traballo ven de conceder ao Concello de Pontecesures unha subvención de 10.081,80 euros para contratar un novo traballador para a limpeza de edificios municipais, perante seis meses con xornada completa (programas de promoción do emprego 2009)
No día de hoxe presentouse a correspondente oferta de emprego na Oficina de Vilagarcía para que envíen os candidatos/as logo de realizar a sondaxe. Desa lista un tribunal do propio concello seleccionará a persoa a contratar.
0 comentarios