Pufos e alegres subidas de soldo

Publicado por bngpontecesures en

crise, que crise?

No pleno ordinario do pasado 30 de novembro os asuntos principais tratados foron por unha banda o expediente de modificación orzamentaria de suplemento e por outra os orzamentos do ano 2009.

1. En relación co expediente de modificación, o BNG votou a favor do mesmo porque entende que as facturas pendentes deben ser aboadas aos proveedores pero entendemos que houbo deixadez por parte deste desgoberno, xa que o peche económico do ano 2007 fíxose en agosto de 2009 incumprindo flagrantemente tódolos prazos establecidos pola lei.

O total do remanente de crédito é de 310.000 �, dos cales 211.814 � corresponden ao peche do ano 2007.

Para o BNG é sorprendente que nun momento de crise para tódalas empresas se tarde nalgúns casos máis de 2 anos en cobrar servizos prestados ao concello; e máis tendo en conta que hai fondos suficientes para ter afrontado moito antes estes pagos, como demostra este expediente de modificación de crédito. Este desgoberno pouco ou nada axuda aos empresarios para sair da crise demorando tanto os pagos.

A todo isto hai que engadirlle que logo de pechar o ano 2007 en agosto de 2009, aínda tardaran ata decembro para facer efectivos estos pagos pendentes. Lamentamos esta xestión nefasta deste equipo de goberno que non ten en conta para nada a situación financieira das empresas.

2. Respecto dos orzamentos do ano 2009 o BNG votou en contra por varios motivos:

En primeiro lugar máis que un orzamento é un peche de contas xa que é inaudito que se leven a pleno a 30 novembro, case que incumprindo os prazos para a súa aprobación e posterior publicación no B.O.P.

Un orzamento de 2.037.000 � no que tan so se adica en inversións reais a ridícula cantidade de 3.100 �. Independentemente das inversións realizadas por outras administracións, este equipo de goberno considera que non hai máis necesidades no pobo.

O orzamento baixa por primeira vez, un 6,3% respecto ao do ano 2008. Ante esta diminución de ingresos tanto a Alcaldesa como o concelleiro liberado, o Sr. Randulfe, lonxe de practicar a austeridade como teñen feito noutros concellos e como se vai a facer na Xunta de Galicia cos salarios dos cargos políticos (que non só se van a conxelar senón que se van a rebaixar nun 3%).estos gobernantes cesureños alleos á crise non só non rebaixan o seu soldo senón que o aumentan un 3%. E dicir que porcentualmente cobrarán arrredor dun 6% máis que outros cargos políticos.

O BNG solicitou que se conxelaran estes dous soldos, pero o goberno desoíu a súa petición.

O BNG entende que este equipo de goberno vai xestionando o concello a golpes sen nengún proxecto ou organización integral do noso pobo, un goberno á deriva. Esta desorganización é consecuencia dun goberno saído das urnas sen un proxecto en común, sen ideas de futuro onde cada un tira para o seu lado; estando tan só aliados para colmar as súas ambicións persoais, económicas e de rencor.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.