Incidencias na noite de forte choiva e vento que tivemos en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Houbo problemas para o tráfico na rúa San Lois, xa que a auga da choiva levou o xabre dunha gabia na rúa San Lois que abriu Roomel S.L. para darlle servizo de electricidade a un edificio (fronte á de Pedreiro). Os coches circulaban con dificultade, e a media mañá a empresa, requirida polo concello, colocou unhas planchas de ferro e sinalizou a zona. O xabre, con pequenas pedras, atópase agora polo firme ata chegar a intersección desta rúa coa Carlos Maside.
Ademáis houbo avarías no alumeado das rúas centrais, colectores de lixo derrubados, e a auga entrou na vivenda dun veciño preto da praza dos Valeiros de Porto.
Por outra banda persoal de mantemento do Servizo de Estradas do Estado limpou esta mañá os sumidoiros que estaban cheos de terra e de follas fronte o noiro da nacional N-550, e que impedían o paso das augas.
Por último, dicir que apareceu derrubado un sinal de tráfico na intersección da nacional coa rúa Ullán (cruce da Estrada). Esta incidencia foi comunicada ao Servizo de Estradas xunto co derrubo, a semana pasada nun accidente de tráfico, dun sinal na Praza de Pontevedra, na intersección da PO-548 que ven dende Vilagarcía.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.