«Centremos as nosas miradas no fundamental de todo belén; o amor de Deus ao home».
Nasi García, integrante da asociación ??Amigos do Belén? foi a encargada de abrir o turno de intervencións e instou aos visitantes a non mirar só ??o material, o técnico, o movemento das figuras. Centremos as nosas miradas e o noso corazón na idea central de todo belén, que é manifestar o amor de Deus ao home, vindo a este mundo e facéndose home para salvarnos?. En base a isto recordou cal é a orixe e o significado dos nacementos que proliferan por boa parte do mundo nestas datas de Nadal. Foi no ano 1223 cando San Francisco de Asís, co permiso do Papa Honorio II, impulsou na pequena poboación italiana de Grecio o primeiro belén vivinte. As xentes foron cantando e con antorchas acesas ao lugar onde vivían os frailes franciscanos e alí, nunha gruta onde había un pesebre, prepararon un altar, colocaron unha mula e un boi e ??aquela noite Grecio convertiuse nunha nova Belén?, lembrou Nasi García. Dende aquel ano as representacións do nacemento de Xesucristo estendéronse por toda Italia e logo Alemaña, España e América, grazas aos frailes franciscanos. No noso país un dos grandes impulsores dos beléns foi o rei Carlos III.
Inicialmente estas representacións eran completamente bíblicas e nelas aparecían só personaxes, paisaxes e costumes dos tempos nos que naceu Xesús, en Palestina. Co paso do tempo ??agregáronse outros personaxes e outras costumes propias da época e das zonas onde se establecían?. Un bo exemplo é precisamente o belén artesanal de Valga, no que conviven o nacemento de Xesús ou a adoración dos Reis Magos co traballo, as festas e o folclore local.
DIARIO DE AROUSA, 07/12/09
0 comentarios