Unión Fenosa recolocou a columna derrubada polo temporal na rúa dos Namorados de Porto.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O venres, 13 de novembro, por mor do temporal, caeu derrubado un vello poste de madeira de Unión Fenosa que estaba situado sobre unha beirarrúa da rúa dos Namorados de Porto.
No seu lugar instalouse por Elenor, empresa concesionaria da compañía eléctrica, un poste de formigón. En lugar de facelo no mesmo sitio (o poste estaba no medio e medio da beirarrúa dificultando o paso das persoas), desplazouse ata a extrema dunha parcela por solicitude do concello e coa autorización dos titulares do terreo.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.