De cando o Neno Xesús escoitaba Radio Valga.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Desde hai 15 anos non hai Nadal sen o belén artesanal en movemento de Valga, polo que foron numerosas as persoas que asistiron o domingo 6 á súa inauguración no local social de Campaña para ver antes que ninguén, as sorprendentes novidades deste ano. José María Maneiro foi o primeiro en ficar coa boca aberta ó verse a si mesmo representado nos «Encontros co alcalde», o programa de Radio Valga no que aparece co director, Héctor Bermúdez, e coa locutora, Lidia Gallas. A Batalla de Casaldeirigo e a capea de Vilarello, foron as outras novidades máis destacadas nun nacemento que elaboraron máis de 30 integrantes da asociación Amigos do Belén, durante os últimos dous meses. Poderá visitarse ata o 10 de xaneiro e a entrada é gratuita, aínda que a vella «Dio-lo pague», recolle a vontade dos máis xenerosos unha cestiña.
Polo demais, unha voz en off relata a historia do nacemento de Xesús, mentres as figuriñas habituais recrean a historia por todos coñecida, na que non faltan os efectos especiais. E ó rematar e cando se poñen en marcha os mecanismos das historias máis enxebres e cotiás do municipio.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 09/12/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.