Persoal de Estradas da Xunta abre unha gabia para que circule a auga embalsada na rotonda da Charca.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Despois de solicitalo en varias ocasións o Concello de Pontecesures, esta tarde unha pala abriu unha gabia conducindo a auga embalsada na cuneta da PO-548 Pontecesures-Vilagarcía (Avda. de Arousa) ata o tubo de 1 metro de diametro que estaba inutilizado e que vai logo baixo a pista que comparten Pontecesures e Valga (se vai por ela ao Centro Médico de Baño).
Agradécese a actuación realizada de xeito provisional, pero hai que insistir en que se canalice axeitadamente toda a cuneta ata a rotonda da Charca, xa que prodúcense outros embalsamentos antes, e para evitalos hai que instalar tubos de amplio diámetro, ou conducións en aberto, baixo as entradas das fincas das márxenes da estrada autonómica.
Sobre a iluminación, sobre a fixación das tapas dos pozos de sanemento e sobre as beirarrúas, non se coñecen novas.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.