Escrito enviado polo Subdirector Xeral de Estradas sobre a auga da glorieta da Charca.
En resposta a súa solicitude de información podemos decirlle o seguinte:
No tempo transcorrido dende a súa consulta, as obras foron evolucionando, en estes intres estase precisamente a traballar na solución do drenaxe na glorieta próxima á zona da «charca», garantindo que a execución das obras non introduza elementos en prexuízo da situación actual.
Esta situación é sobradamente coñecida pola evolución da hidroloxía da zona, independientemente da presenza da estrada e supera as competencias desta Subdirección.
Porén, dende esta subdirección querermos manifestar a intención de
colaborar en todo no que estea ao noso alcance e imos garantir unha conexión mediante gabia dende o tubo de diiámetro de 400 xa existente ata o de 1000 tamén existente, potenciando en todo o posible a saída das augas.
Santiago de Compostela a 9 de decembro de 2009
Luís Miguel Muñoz Bretos
0 comentarios