Da Fundación Camilo José Cela.
Os temporais pasados sobre o Sar deixaron un zunido, un «ruxerruxe» sobre a Fundación Cela e xa se sabe que cando o rÃo sona…
E efectivamente os rumores nos tardaron en saltar á prensa diaria coa natural sorpresa para o público alleo á organización e desenvolvemento interno da fundación, resultando máis alarmantes para os padroneses pois sabido é que Camilo José Cela deixou o seu legado para que fora a súa terra natal Iria Flavia e Padrón, que tanto monta, a depositaria para sempre do seu legado . Asà naceu a súa fundación adquirÃndose as casas dos coengos para a súa localización, onde se atopa, como tamén el deixou o seu expreso desexo de ser soterrado no cemiterio de Adina, onde xace.
DicÃa Cela, coa súa agudeza non exenta de fina ironÃa que a Padrón nos «roubaran» o Apóstolo. Só faltaba que tamén agora sucedera o mesmo coa súa fundación. Pero claro que nunca se sabe ata onde certos imponderables poden chegar exercendo máxima influenza como agora parece pode ocorrer, o cal non deixarÃa de resultar dalgunha maneira moi lamentable e unha gran perda para Padrón, confiando os padroneses en que tras as noticias pouco favorables aÃnda os responsabeis da fundación poidan atopar unha solución favorable para que as cousas segan como están.
De tal xeito que os que desexen beber da cultura de Cela sigan vindo a Padrón, como asemade o fan os que queren visitar a casa de RosalÃa e cantos traten de peregrinar a Santiago se queren completar a peregrinaxe antes ou despois, lembremos o popular refrán, han de peregrinar a Padrón que non outra é o verdadeiro berce do Xacobeo. E aÃnda máis se desexan gozar das fermosas paraxes naturais destas ribeiras do Sar onde arribou a barca cos restos de Santiago Apóstolo, ou do artÃstico xardÃn botánico e o incomparable paseo do Espolónâ?¦ deben visitar Padrón .
E xa para rematar en canto á Fundación Cela desexando que os comentarios destes dÃas oxalá non pasen diso, de sinxelos comentarios que nunca cheguen a confirmarse.
Por José Castro Cajaraville. TIERRAS DE SANTIAGO, 15/12/09
0 comentarios