A igrexa de Herbón acolle un concerto do Coro dos Nenos Cantores da Sinfónica de Galicia.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A igrexa do convento franciscano de Herbón, no concello de Padrón, acolle o venres a partir das oito e media da tarde un concerto do Coro de Nenos Cantores da Orquestra Sinfónica de Galicia. A actuación está organizada pola Asociación Sementar, que contou coa colaboración e financiamento da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, do Seminario Galego de Educación para a Paz, da sociedade cooperativa Viravolta (dedicada a intervención psicolóxica e social con sede en Cambados) e da Asociación de Pais e Nais de Persoas con Discapacidade da comarca do Sar (Amipa).
Sementar quere que a colaboración destas entidades sirva tamén de adianto da presentación en público, a vindeira semana, dun proxecto común que vai ter a súa sede física no convento franciscano de Herbón e no que participarán todas elas.
En canto ao concerto, serve de clausura aos actos do oitavo centenario da fundación da orde franciscana en Herbón. O Coro de Nenos Cantores da Orquestra Sinfónica de Galicia está formado por uns 50 nenos e nenas de entre 10 e 14 anos e dirixido por José Luis Vázquez. No concerto de Herbón, estará acompañado pola pianista Isabel Gómez Alonso. A entrada ao concerto é gratuíta e as portas da igrexa permanecerán abertas dende unha hora antes do seu comezo para que as persoas interesadas poidan ver o nacemento que montou a asociación Sementar con pezas que se conservan dende moi antigo.

LA VOZ DE GALICIA, 16/12/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.