Nostalxia en branco e negro …e en cor.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Baleiraron caixóns, remexeron nos álbums antigos, fixeron memoria para lembrar o nome dos os acompañaban naquel momento…Os veciños de Valga volveron botar a vista atrás grazas a unha nova exposición organizada polo Concello e que retoma a iniciativa de hai dous anos.
«Valga e as súas xentes», é o nome desta mostra que se inaugurou o pasado domingo e que poderá visitarse no Auditorio Municiapl de Cordeiro ata finais de xaneiro.
Son preto de 500 fotos que serven para facer un percorrido pola vida dos veciños e dos seus antergos dende principios do século XX. Hai desde imaxes en branco e negro que reflicten estampas inimaxinables a fotografías en cor das que os máis novos s poden lembrar perfectamente.
«� unha continuación de exposición que fixéramos en 2007» explica a concelleira de cultura, Maricarmen Castiñeiras.
A inauguración incluiu unha mesa redonda poderada polo humorista Paco Mi vida e na que participaron Pasarín, Moncho Pereira, José Luis Cerneira, Dolores Carril e Herminia López, que puxeron en palabras experiencias das súas vidas que poden verse nas fotografías.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 16/12/09

Categorías: Historia

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.