Actividades do Nadal 2009 en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Día 22 de decembro.
A partir das 17 horas, no pavillón, torneo de baloncesto.

Día 23 de decembro.
-Adornos para a árbore de Nadal. De 10:30 a 12 h., para nenos/as de 4 a 7 anos: e de 12 a 13:30 h. para nenas/os de 8 a 11 anos, no Centro Social.
-Torneo de futbol 7 no campo Ramón Diéguez a partir das 16 horas.
-Ás 17 horas no Centro Social proxectarase a película «Monstruos contra alienígenas».

Día 24 de decembro.
A partir das 11 horas, Papa Noel precorrerá toda a vila repartindo caramelos por Grobas, Fenteira, Infesta, Praza dos Valeiros, parque de Carreiras, Condide e praza de San Xulián.

Día 26 de decembro.
A partir das 16:30 h. carreira popular.

Día 28 de decembro.
-Papa Noel móbil. Actividades para nenos/as de 4 a 7 anos, de 10:30 a 12 horas ; e de 8 a 11 anos, de 12 a 13:30 horas, no Centro Social.
-Ás 17 horas, gran final do torneo de fútbol 7 no «Ramón Diéguez».

Día 29 de decembro.
-Belén de papel para nenos, co mesmo horario en función das idades, no Centro Social.
-Ás 17 h. no Centro Social, proxección da película «Up»

Día 30 de decembro.
-Centros de mesas para nenos/as no Centro Social, cos mesmos horarios en función das idades como nas outras mañás.
-As 17 h. no Centro Social proxectarase a película «Ice Age III»

Día 31 de decembro.
Ás 11 horas ssairá da Plazuela o Carteiro Real, para recoller as cartas aos Reis Magos dos nenos do municipio. Ás 12 do mediodía recibirase o Aninovo na Plazuela con uvas e conguitos ao son das badaladas. Haberá unha exhibición de batula a cargo dos nenos/as que realizan esta actividade.

Día 4 de xaneiro.
-Móbil dos Reis Magos. Actividades para nenos no Centro Social con horarios e idades como nas outras mañás.
-Ás 17 horas, no Centro Social, proxectarase a película «High school Musical».

Día 5 de xaneiro.
-Cestiños para gardar os caramelos no Centro Social. Actividade nos horarios e coas idades de todas as mañás anteriores.

Día 7 de xaneiro.
-Ás 19 h. na Igrexa Parroquial, encontro de corais.
Coral do Centro Sociocomunitario de Marín.
Coral Poilifónica de Noia.
Coral Polifónica Padronesa.
Coral A Barcarola de Pontecesures.

Organiza o Concello de Pontecesures.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.