Extrugasa, unha gran familia.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Como cada ano, Andrés Qunitá xuntou arredor dunha mesa aos dous principais equipos patrocinados pola súa empresa, Extrugasa, así como a adestradores, directivos e os xornalistas que seguen día a día a actualidade do Atlético Arousana e do Extrugasa-Cortegada de Baloncesto. Con esta comida Quintá busca a unión e o bo ambiente que sempre son necesarios para un bo funcionamento dos equipos e ao mesmo tempo aproveitar para pedirlle ás deportistas que se esforcen por seguir mellorando. O xantar comezou con entrega de aguinaldo (unha lata de aceite virxe e unha cesta de nadal) e rematou co tradicional brinde co que se piden éxitos para o vindeiro ano 2010.

DIARIO DE AROUSA, 20/12/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.