O luns, 21 de decembro, será entregado ao concello un vehículo para transporte de persoas.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Logo de solicitalo con anterioridade, o 1 de abril de 2009 o Concello de Pontecesures e a Deputación de Pontevedra asinaron un convenio para dotar a este municipio dun Citroën modelo Jumpy 120 Combi 8/9p, que ten un importe de 26.229,00 �. Caixanova, a Deputación e o Concello achegan o 23,1% do custo (6058,90 �) mentres que Citroën desconta un 30,7% do custo do vehículo.

Pois ben: o luns 21, ás 13:00 horas terá lugar a entrega do vehículo en Dalonga S.A. de Rubiáns-Vilagarcía. Con satisfacción recibe esta nova o goberno local pois este investimento é moi necesario para os servizos municipais.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.