Por fin hai alumeado na rotonda da Charca.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Despois da queixa presentada polo concello diante da Dirección Xeral de Infraestruturas, colocáronse dúas farolas nos marxes para alumear dita rotonda situada na recta de Campaña, na estrada autonómica P-548 entre os termos municipais de Pontecesures e Valga. A falla de luz era realmente perigosa e tanto condutores coma peóns tiñan serias dificultades para circular pola zona. A escuridade era total.
Só queda felicitarse pola boa nova, pois era de xustiza corrixir a deficiencia denunciada.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.