Proposta do equipo de goberno sobre ampliación dos usos en zona de equipamento docente prevista no PXOM en Infesta.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

AMPLIACIÃ?N DOS USOS EN ZONA DE EQUIPAMENTO DOCENTE PREVISTA NO PXOM EN INFESTA.

No Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontecesures, aparece reflectida unha zona destinada a equipamento docente que linda : norte, camiño peonil municipal e outro camiño que o separa da finca do Castro Cesuris; sur, rúa Avelino Pousa Antelo; leste, parcela de José Luis Zúñiga Losada, e oeste rúa do Castro.

Considérase convinte para os intereses públicos, que o citado solo sexa non solo apto para o uso docente, senón que tamén o sexa para o uso cultural e o asistencial.

O artigo 56º da normativa do PXOM contempla esta posibilidade, xa que permite intercambiar usos entre sí, e incluso compatibilizar usos distintos sempre que se consideren compatibles.

Por outra banda, o artigo 47.4 da Lei 9/2002 de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia establece que o pleno pode acordar o cambio de uso das zonas de equipamento sena necesidade de seguir o procedemento de modificación do plan.

Analizada a normativa e coa previsión de que se podan construir na zona establecementos culturais e asistenciais de titularidade pública que redunden no beneficio dos cidadáns, proponse ao pleno a adopción do seguinte acordo:

-Que ademais do uso docente, a zona de equipamento prevista no PXOM en Infesta que linda: norte, camiño peonil municipal e outro camiño que o separa da finca do Castro Cesuris; sur, rúa Avelino Pousa Antelo; leste, parcela de José Luis Zúñiga Losada, e oeste rúa do Castro; poida ser adicada a o uso cultural e ao asistencial.

Pontecesures, 18 de decembro de 2009


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.