Proposta do goberno local sobre desafectación das antigas vivendas dos mestres do CPI Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

DESAFECTACIÃ?N DAS ANTIGAS VIVENDAS DE MESTRES DO CPI PONTECESURES.

Logo da solicitude por parte do Concello, con data 28/11/06 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria autorizou a desafectación dun bloque de catro vivendas dos mestres do CPI Pontecesures situadas na rúa Avelino Pousa Antelo, que foron construídas en 1965. Xa non se utilizan estes bens municipais dende hai moitos anos e están, na actualidade, moi deteriorados.

Con data 09/11/09, foi incoado un expediente de desafectación deste bloque de antigas vivendas, co fin de que deixasen de ser un ben de dominio público afecto a un servizo público para converterse nun ben patrimonial. No Boletín Oficial da Provincia nº 220 do 13 de novembro de 2009 aparece reflectido o anuncio de exposición pública do expediente que tamén se colocou no taboleiro de anuncios da Casa do Concello. De acordo coa normativa vixente, concedeuse un prazo dun mes para reclamacións ou suxestións, e non se presentou ningunha.

Analizado o expediente, o feito de que as instalación deixaron de destinarse ao uso público dende hai tempo, e o artigo 8 do R.D. 1.372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de bens das corporacións locais, proponse ao pleno a adopoción do seguinte acordo:

-Desafectar as catro antigas vivendas de mestres do CPI Pontecesures, situadas na rúa Avelino Pousa Antelo, que teñen unha superficie de 191,97 m2, en total (edificios de planta baixa e piso) que lindan en norte, sur, leste e oeste con terreos municipais, que están inscritas no inventario municipal de bens, e que están tamén inscritas no Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis, como parte da finca do libro 1º, folio 186, finca 136, inscrición 1ª, e forman parte da parcela de referencia catastral 8902001NH2380S00011YW, pasando a formar parte dos bens patrimoniais da entidade.

Pontecesures, 18 de decembro de 2009


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.