Nova Executiva Local do PSdeG-PSOE de Pontecesures

Publicado por socialistas de pontecesures en

O pasado sábado tivo lugar a Asamblea Extraordinaria dos socialistas cesureños co obxecto de elexir unha nova executiva local e os dous representantes que a esta agrupación lle corresponden no Comité Provincial.
Antes de comenzar a Asamblea, ?scar Gerpe dirixiuse aos asistentes para explicar os motivos da súa dimisión. Comentou que tras máis años de dez anos ao frente dos socialistas cesureños debía deixar o cargo polas súas actuais obligacións profesionais e, deste xeito, dar paso a nova xente para dirixir a agrupación local.
A continuación procedeuse á votación da única candidatura presentada, formada por Roque Araújo como Secretario Xeral; José Manuel Rey, Secretario de Organización; Concepción Gómez Figueira, Secretaria de Educación, Xuventude e Deporte; Enrique Herranz, Secretario de Economía e Facenda; Paula Barreiro, Secretaria de Traballo e Promoción de Emprego; Alberto Solla, Secretario de Politica Municipal e Pilar Villanustre, Secretaria de Igualdade e Política Social.
Esta candidatura foi elexida polo 89% dos votos emitidos. Nas súas primeiras palabras como secretario xeral dos socialistas cesureños, Roque Araújo chamou ??a unión de todos os militantes, a rearmarse moralmente tras os últimos resultados electorais e a preparar ao partido cara as próximas eleccións municipais?.
Por outra banda, ?scar Gerpe e Ana María Barreiro foron elexidos para representar á agrupación socialista cesureña no Comité Provincial.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.