Dictaminada favorablemente a proposta de desestimento da alegación presentada contra a ordenanza da telefonía móbil.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

En sesión ordinaria celebrada na mañá de hoxe, a Comisión de Contas, Patrimonio e Contratación de Pontecesures, dictaminou favorablemente a proposta do equipo de goberno de desestimar a alegación presentada por REDTEL (Asociación de OIperadores de Telecomunicaciones) á aprobación provisional da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local polas empresas explotadoras dos servizos de telefonía móbil, no Concello de Pontecesures, unha vez analizado o informe emitido polo Servizo Xurídico do ORAL.
Votaron a favor, a alcaldesa, Maribel Castro, Javier Quintá (PP) e Luis Sabariz (non adscrito). Abstivéronse Xosé Antonio Baliñas (BNG) e Arturo Ferro (BNG).
Agora en sesión plenaria a celebrar o sábado 26 de decembro, se tratará este asunto.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.