Os integrantes do BNG de Pontecesures abandonaron o pleno do día 21 de decembro. Nota dos concelleiros non adscritos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Lo de defender o Sr. Baliñas Pazos do BNG a moción presentada polos nacionalistas para que os terreos das antigas vivendas dos mestres do CPI sexan adicadas nun futuro á construcción dun centro de día, e non se cedan ao Xacobeo para construir un albergue, e de saír derrotada a moción cos seis votos contrarios do goberno local, os catro representantes nacionalistas na sesión (non estivo o Sr. Álvarez Angueira) abandonaron o pleno sen debater os restantes asuntos.

Matizamos o seguinte:

1-Resulta realmente lamentable a actitude dos nacionalistas na sesión, tratando de humillar e desacreditar todo tipo de xestións que realizamos os concelleiros non adscritos. Esta actitude premeditada e repetitiva é unha constante en todas as sesións, trátese o que se trate.

2-Explicamos moitas veces diante das acusacións de transfuguismo dos nacionalistas nos plenos e nos medios, que nós non cambiamos nunca. Que dixemos que non iamos posibilitar a reelección do alcalde nacionalista anterior polas razóns tantas veces expostas (contratacións a dedo, empadroamentos fraudulentos, gastos imposibles en combustibes, negativa á entrega de documentación á oposición, e tantas cousas máis), e cumprimos.

3-Non entendemos a postura de abandono da sesión do BNG nin a táctica preconcebida de «rebentar» o pleno. ? unha falla de respecto á institución e aos seus votantes.

4-Tampouco entendemos a alerxia aos plenos que ten o ex alcalde. Onte mesmo non foi á sesión, pero apareceu a pouco de rematar a mesma nun establecemento público próximo á Casa do Concello. Parece ser que a alerxia se contaxia aos seus compañeiros que agora ata abandonan as sesións.

5-Os nacionalistas tentan por todos os medios de enfrontarnos cos veciños, de lanzar acusacións de todo tipo contra nós, de poñernos diante dos veciños coma unhas persoas repudiadas por todos, de anularnos para a vida política. Alá eles. Seguiremos coa cabeza alta a traballar pola vila co compromiso que adquirimos cando nos presentamos ás eleccións. Tomamos unha decisión, decidida pola lista electoral que formamos, o día 16 de xuño de 2007 na sesión de investidura, e seguimos para adiante coas nosas conviccións.

Pontecesures, 22/12/09

Luis Ángel Sabariz Rolán
Alfonso Diz Villar


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.