Proposta do equipo de goberno para desestimación de alegación contra a ordenanza da telefonía móbil.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Con data 13/11/09 o Pleno aprobou, de xeito provisional, a Ordenanza fiscal reguladora da taxa por utilización privativo ou aproveitamento especial de dominio público local polas empresas explotadoras de servizos de telefonía móbil no Concello de Pontecesures.
No B.O.P nº 223 de 18/11/09 saiu publicado o anuncio de exposición pública da aprobación inicial a efectos de alegacións, reclamacións ou suxerencias.
En tempo e forma, con data 19/12/09 tivo entrada no concello co nº 2.505 unha alegación asinada por Dª Mª Teresa Arcos Sánchez en nome e representación de REDTEL (Asociación de Operadores de Telecomunicaciones), solicitando que se suspenda ou paralice calquera intento por parte do concello da aprobación e xestión dunha taxa que choca frontalmente cos contidos do ordenamento xurídico vixente por un vicio de nulidade radical e insubsanable. por ir en contra do texto refundido das facendas locais.
Solicitouse un informe ó Xefe do Servizo Xurídico do ORAL (que está incorporado no expediente) onde se reflicte que o recurso debe ser desestimado, xa que no informe técnico previo á aprobación da taxa recóllense todos os parámetros necesarios e xustificativos para a aprobación da ordenanza; que a telefonía móbil precisa utilizar o solo, subsolo e vóo de vías públicas como recoñece unha recente sentenza do Tribuanl Supremo de 16 de febreiro de 2009: que nada ten que ver o IAE das empresas con esta taxa, e que o propio Tribunal Supremo na citada sentenza de 19 de febreiro de 2009 avala definitivamente e xustifica a imposición desta taxa.

Analizado o expediente, proponse ó Pleno a adopción do seguinte acordo:

1. Desestimar a alegación presentada por REDTEL contra a ordenanza fiscal en cuestión.
2. Aprobar definitivamente a ordenanza que figura no expediente e que foi aprobada provisionalmente no pleno de 13/11/09, en base ó disposto no artigo 17.3 do R.D. Lexislativo 2/2204, de 5 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei reguladroa das facendas locais.
3. Ordenar a publicación do texto íntegro da ordenanza no BOP para a entrada en vigor da mesma, de acordo co parágrafo do artigo 17 do texto legal anteriormente citado.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.