Álvaro Loureiro do Náutico de Pontecesures convocado a unha concentración nacional.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Catro canoístas do Baixo Ulla acoden convocados a unha concentración nacional júnior
A Real Federación Española de Piragüismo vén de convocar os 20 mellores canoístas júniores do estado, 10 de primeiro ano e outros tantos de segundo, a unha concentración en Sevilla. Enmarcada no Programa Nacional de Tecnificación, a cita comezará o luns 4 de xaneiro, desenvolvéndose ao longo de seis días ata o sábado 9.
Galicia copa a metade dos palistas convocados. E a bisbarra do Baixo Ulla, á súa vez, case a metade da representación galega. Das Torres-Romaría Vikinga acudirán á capital andaluza Brais Martínez, Anxo Galbán e Diego Miguéns, e Álvaro Loureiro faráo coa camisola do Náutico Pontecesures.
O obxectivo da concentración é a mellora da técnica en barco de equipo. Con tal fin, os palistas serán sometidos a un test antropométrico, a un test de velocidade en C-1, a outro de forza máxima e a unha análise da súa técnica, sobre todo en barco de equipo.
Control en Galicia
Noutra orde de cousas, a Comisión Técnica da Federación Galega de Piragüismo fixou para o 10 de xaneiro un control de terra, e para o día 16 un de auga para palistas desde a categoría infantil A ata a júnior de segundo ano. A falta de concretar as 20 prazas abertas ás solicitudes de calquera piragüista, a Comisión Técnica convocou a 43 rapaces, 17 deles das Torres, Breogán, A Illa, Náutico Pontecesures e O Muíño.

LA VOZ DE GALICIA, 31/12/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.