Moita xente na noite de fin de ano en Chanteclair.
Máis de 3.500 entradas foron vendidas a noite de fin de ano en Chanteclair, onde actuou a orquestra Paris de Noia, segundo fontes da dirección da empresa. Lémbrase que o prezo das entradas era de 15 euros, ou de 20 (neste caso con dereito a dúas consumicións).
0 comentarios